Este documento establece os términos en que recollemos, usamos e protexemos a información que nos proporcionas.
Formulario de contacto
Se nos escribes a través do formulario de contacto recollemos o teu nome e o teu correo electrónico. Estes datos dásnolos baixo o teu consentimento. Necesitámolos para responderche, tratándoche como a unha persoa e non como a un ente xenérico.
Eses datos chégannos por correo electrónico, e eliminámolos cando termina a conversación, salvo que a conversa dea lugar a un proxecto
Nese caso, os datos pasan ao noso xestor de proxectos e conservámolos por tempo indefinido, salvo que nos pidas que os eliminemos. Conservámolos para ter un histórico da relación que mantemos contigo.
Formulario de inscrición a unha actividade
Se te subscribes ao boletín de noticias recollemos o teu nome e apelidos (opcional) e o teu correo electrónico (obrigatorio). Estes datos dásnolos baixo o teu consentimento. O correo electrónico necesitámolo para enviarche o boletín e o nome e apelidos vénnos ben para coñecer ás persoas que se subscriben, pero non son imprescindibles para a subscrición..
Eses datos almacénanse no aplicativo de xestión do boletín con total privacidade e non os entregamos nin compartimos con terceiros.
Conservámolos por tempo indefinido, salvo que te deas de baixa na subscrición.
Dereitos sobre os teus datos
Tes dereito a:
- Preguntarnos qué datos teus almacenamos
- Esixir que os eliminemos
- Actualizalos
- Revogar o consentimento para que te sigamos informando das nosas actividades
- Solicitar a portabilidade
Para cualquera destas cousas, ponte en contacto con Dabne:
- Por teléfono, no número 661 880 164
- Por correo electrónico, escribindo a dabne@dabne.net
- Por escrito, dirixíndose a Paseo de las Acacias, 3 – 1o A, 28005 – Madrid
Tamén tes dereito a presentar unha reclamación ante as autoridades de control, e a todos os dereitos que che concede a lei.
