No Results Found
The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.
Baixo a ideoloxía do solucionismo tecnolóxico, segundo a cal todos os problemas sociais e medioambientais vanse resolver implantando tecnoloxías, hai moita presión por dixitalizar.
Desde o noso punto de vista, a dixitalización non serve só para gañar eficiencia: tamén é un medio para gañar democracia interna e unha boa vida dentro da entidade, con máis equilibrio, máis sentido de pertenza e equipos máis integrados.
Dixitalización pode ser facer un diagnóstico de que procesos son mellorables, mellorar a xestión da documentación e os datos, aliviar a coordinación cunha intranet, autocontrolar as horas de dedicación e saber quen fixo que cun xestor de proxectos, crear ou adaptar bases de datos, desenvolver unha integración para que dous sistemas distintos falen entre si, instalar e configurar un ERP ou un CRM…
Defendemos unha dixitalización que apoie os procesos valiosos na entidade. Non se trata de implantar tecnoloxías por tecnoloxías. As tecnoloxías non van por libre, están ao servizo dos procesos.
Por experiencia sabemos que as ferramentas de dixitalización por si soas non van solucionar os problemas se non van acompañadas dun cambio nos procedementos. E ese cambio impacta no conxunto da entidade. Por iso, antes de implantar estudamos o caso, dende un punto de vista tecnosocial. Moitas veces, as solucións non preexisten, senón que se constrúen con creatividade.
Temos coñecemento técnico avanzado sobre ferramentas e solucións de dixitalización baseadas en software libre. Sabemos adaptalos ás necesidades. Podemos programar sistemas de integración entre distintos aplicativos. E tamén sabemos que hai que acompañarvos no proceso.
The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.
Se queres estar ao tanto das actividades que realizamos, subscríbete ao noso boletín!
(No daremos moito a brasa)