No Results Found
The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.
O empoderamento con enfoque de xénero é unha liña de traballo transversal a todo o resto.
Pode ter unha base tecnolóxica: organizando faladoiros tecnolóxicas para mulleres, programando un escape room para sensibilizar á xente nova sobre a igualdade, facendo talleres nos coles para motivar ás nenas para aprender sobre ciencia e tecnoloxías, impartindo talleres de programación de ordenadores creativa ou de robótica para mulleres e nenas, formando a mulleres en tecnoloxías web, apoiando a participación de mulleres en comunidades dixitais, incluíndo o enfoque de xénero na formación, por exemplo en intelixencia artificial…
Pero vai moito máis alá das tecnoloxías. Colaboramos cos espazos de igualdade de Concello de Madrid para potenciar o desenvolvemento profesional das mulleres, ou formamos a profesionais sobre como aplicar o empoderamento de xénero a intermediación e á orientación laboral. E poñemos en contacto a mulleres emprendedoras entre si, porque xuntas somos máis capaces.
Participamos en proxectos xa formulados, colaboramos coas vosas entidades na ideación e investigamos ou poñemos en marcha proxectos propios.
O enfoque de xénero está sempre embebido en proxectos de calquera tipo, en forma de linguaxe inclusiva, de propostas de temas que incorporan os intereses das mulleres e dunha conciencia continua sobre a existencia de todo tipo de desigualdades, incluíndo as de xénero.
Nós mesmas, mulleres traballando no ámbito tecnolóxico, moi masculinizado, tivemos que loitar por ter un espazo propio que nos permita un desenvolvemento profesional sen violencias: a nosa cooperativa.
Por iso, o enfoque de xénero témolo integrado e flúe sen esforzo. Gústanos traballar con entidades participadas por mulleres.
The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.
Se queres estar ao tanto das actividades que realizamos, subscríbete ao noso boletín!
(No daremos moito a brasa)