No Results Found
The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.
Nunca se termina de sabelo todo. Seguimos formándonos e investigando nos nosos ámbitos de actuación, para poder ofrecervos unha formación presencial ou en liña actualizada ou para abrir liñas de investigación conxunta dende un pensamento crítico e con enfoque de xénero.
Ofrecemos formación en tecnoloxías, en promoción da soberanía tecnolóxica e en empoderamento con enfoque de xénero.
Participamos en xornadas, deseñamos materiais para sensibilización ou divulgación, impartimos talleres ou organizamos comunidades de aprendizaxe sobre plataformas de participación cidadá en liña, orzamentos participativos, metodoloxías áxiles, comunidades dixitais, cultura das redes, programación de ordenadores creativa, robótica educativa, intelixencia artificial ou calquera outro asunto que estea no cruzamento no técnico e no social.
Tamén impartimos formación sobre empoderamento de xénero aplicado a intermediación e orientación laboral.
Estamos sempre cos ollos abertos.
Falamos unha linguaxe rigorosa pero que se entende.
Facemos plans a medida.
Eliminamos as barreiras de acceso, para que as tecnoloxías se usen en modo activo e comunitario segundo os obxectivos propios, incluíndo o desfrute colectivo e a acción cidadá.
Ofrecemos formación para transformar a percepción de que as tecnoloxías sempre son propiedade pechada das grandes corporacións tecnolóxicas. Queremos reasumias como expresións culturais accesibles, democráticas e comunitarias reapropiables e transversais a outras prácticas sociais, tales como a economía social ou a autoxestión.
Sentimos predilección polas tecnoloxías libres, aquelas que están a ser producidas e sostidas por comunidades e socializadas para o seu uso aberto e gratuíto, privado ou comunitario, con fins profesionais pero tamén creativos e non comerciais.
Formación tamén é investigación, porque o coñecemento non está dado dunha vez por todas.
E non nos quedamos nas tecnoloxías. Abarcamos outras facetas, como por exemplo o empoderamento, especialmente o de xénero, na orientación laboral.
The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.
Se queres estar ao tanto das actividades que realizamos, subscríbete ao noso boletín!
(No daremos moito a brasa)