Programación web

Programar unha web non é só facer unha web corporativa para a vosa entidade.

Unha web tamén pode ser unha tenda en liña, unha escola virtual ou un espazo para comunidades de aprendizaxe, un mapa colaborativo, un xestor documental, unha sinxela páxina landing para unha campaña, un sistema de votacións ou de reserva de butacas para eventos, unha axenda de actividades, un contorno virtual colaborativo, un sistema para o seguimento de atención a persoas, un escape room dixital, unha base de datos estatística, unha integración para que dous sistemas distintos falen entre si, ou mesmo un software a medida partindo de cero.

Cómo o facemos?

Somos programadoras con titulacións en enxeñería.

Cumprimos todos os estándares Web e CSS, programamos con linguaxes como JavaScript, PHP ou Python, instalamos CMS como WordPress ou Drupal, adaptamos código que sexa libre, desenvolvemos plugins para necesidades a medida, manexamos o panel de hosting, estudamos os requirimentos do proxecto, definimos a estrutura da información adecuada, documentamos o traballo realizado e somos transparentes respecto ao tempo adicado, abrindo o noso xestor de proxectos Redmine.

Cando non chegamos, intercooperamos.

Usamos plataformas para o desenvolvemento colaborativo de código, como GitHub, e compartimos a cultura das comunidades que desenvolven software.

Apostamos polo software libre.

Proxectos destacados

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.

Suscríbete ao noso boletín

Se queres estar ao tanto das actividades que realizamos, subscríbete ao noso boletín!

(No daremos moito a brasa)