Promoción da soberanía tecnolóxica

Cando falamos de soberanía tecnolóxica e de software libre non pensamos só en licenzas.

Pensamos, sobre todo, en modos de articulación produtiva e de redistribución de valor baseados nas comunidades.

Pensamos na lóxica do software libre como un conxunto de armazóns relacionales e modelos de negocio que se poden xerar en relación a produtos e servizos que non teñen como único punto de mira a acumulación privativa.

Defendemos o software libre porque é o que mellor bloquea os fluxos de acumulación sen fin das grandes corporacións tecnolóxicas e porque é o que fai do coñecemento un ben común, compartido e público.

E defendémolo en actividades de sensibilización, en talleres formativos, desenvolvendo materiais, participando en mesas redondas e, sobre todo, usándoo.

Cómo o facemos?

Como se poida. Fixemos migracións totais ao software libre, en institucións que apostaron por iso.

Pero non sempre se pode facer, porque hai resistencias.

Migrar ao software libre pode ser ter un servidor para videoconferencias baseado en Jitsi ou en BigBlueButton, un servidor de ficheiros baseado en NextCloud, ter os correos do propio dominio no aloxamento propio, utilizar un CRM ou un ERP libre, ofimática e sistemas operativos libres…

E, especialmente, ante os desafíos que expón a intelixencia artificial, utilizar modelos públicos nos computadores propios, usando o software libre dispoñible, que o hai.

Proxectos destacados

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.

Suscríbete ao noso boletín

Se queres estar ao tanto das actividades que realizamos, subscríbete ao noso boletín!

(No daremos moito a brasa)