Sobre nós

Somos unha cooperativa de traballo asociado formada principalmente por mulleres tecnológas nun sector moi masculinizado. Dabne constituíuse en 2005, dende entón transitamos entre a tecnoloxía, o social, o feminismo e a innovación. Cos valores da economía social e solidaria e o software libre, apostamos por unha tecnoloxía ao servizo do social.

Isabel Suárez

Unha programadora con conciencia social

Cando a ética, a conciencia social e a experiencia profesional únense, o resultado é una Inxenieira Informática con máis de 10 anos de experiencia ofrecendo unha experiencia cercana, resolutiva e áxil que ademais achega especial sensibilidade cos valores de sustentabilidade Dabne.

Especialista en Software Libre, desenvolve o seu labor cunha mirada feminista, coas claves da economía solidaria, que humanizan os procesos e poñen a cooperación no centro.

Isabel utiliza, ademais, os seus amplos coñecementos en CMS (WordPress), en front-end (HTML, CSS y JavaScript) e en back-end (PHP e bases de datos) para crear solucións con impacto positivo.

Meticulosa e detallista, é garantía de calidade.

Margarita Padilla

Investigación + impacto + ética

Programación, arquitectura de sistemas, investigadora, experta en Intelixencia Artificial…

Pero sobre todo unha gran pensadora e artífice de algo máxico: facer o que cremos inalcanzable, accesible para todo o mundo. Margarita é como esa doutora que te humaniza o diagnóstico e transfórmao en abarcable.

Os seus máis de 25 anos de experiencia como Enxeñeira Técnica en Informática de Sistemas, únense á súa filosofía do libre  e o comunitario, dotando á súa intervención tecnopolítica dun impacto real e ético.

Dende a formación e a investigación crítica, sen abandoar a programación, Dabne conta cunha enxeñeira e pensadora que transforma a relación entre sociedade e tecnoloxía.

María Sacristán

Achandando o camiño

Educadora Social e Orientadora Laboral con máis de 15 anos dedicados á inclusión. Especialista en perspectiva de xénero, ten especial habilidade para xerar proximidade no contacto entre grupos e crear un espazo seguro para todo o mundo.

E como o fai? Frecuentemente, o humor é o seu superpoder: “porque a risa é o xeito de responder a situacións que cambian de rumbo”.

A súa traxectoria, acompañando a persoas en situación de vulnerabilidade únese cos seus desexos de realización formando parte dun proxecto cuxo eixo é a procura da equidade e a sustentabilidade en todas as áreas da vida.

Silvia Álvarez

Unha enxeñeira versátil

Máis de 10 anos de experiencia dedicados á Enxeñería de Software. A súa flexibilidade permítelle unir unha sólida base en electrónica industrial cunha especialización en desenvolvemento Front-End (JavaScript, TypeScript) e backend (PHP, Pyhon, Django).

Aporta dominio de Git, SCRUM e outras metodoloxías que, sumadas á súa experiencia laboral percorrendo mundo, crean novas formas de pensar e resolver problemas creativas e diversas. Moi boa disposición para colaborar e sumar: experiencia, coñecemento e práctica.

Sempre aberta a novos desafíos, en Dabne temos unha enxeñeira Técnica Industrial, onde as haxa!

Isabel Saa

Unha desenvolvedora de software que se explica

Con 10 anos de experiencia como Técnica no Desenvolvemento de Software, combina unha sólida especialización en backend con formación e experiencia en Educación Social, aportando unha perspectiva humana en contornas tecnolóxicas.

Traballa con PHP e frameworks como Laravel e Symfony, participando no desenvolvemento de aplicacións mantibles e ben estructuradas, aplicando boas prácticas e metodoloxías de traballo en equipo.

Cunha gran capacidade comunicativa e comprometida coa aprendizaxe continua, o Software Libre e a mellora constante, segue crecendo tanto a nivel social como técnico.

Eva Calavia Aguinagalde

Escoitando os procesos

Psicóloga especializada en Psicoloxía Social e Desenvolvemento Comunitario, ten moita experiencia en traballo comunitario e participación en diversos países, especialmente con mulleres e personas afectadas por situacións de violencia política e catástrofes.

 Conta cunha gran capacidade de escoita e enerxía organizativa que lle permitiu coordinar proxectos de xeito creativo. 

Actualmente nutre ao equipo co seu alento e consello, aportando o foco necesario para seguir fortalecendo os valores que nos guían.

Se muestra el equipo de Dabne